Castellano | English
>> Infraestructuras > Faros e Balizas > Historia dos Faros
> Historia dos Faros > Táboa de Faros e Balizas > Plano de Balizamento
> Características Xerais
> Comunicacións
> Faros e Balizas
> Planos do Porto
> Servicio Ferroviario
> Obras e Proxectos
> Faro de Punta Cabalo
> Faro de Corrubedo
> Faro de Monte Louro
> Faro de Punta Ínsua
> Faro de Rebordiño
> Faro da Illa de Rúa
> Faro da Illa de Sálvora
> Faro de Punta Cabalo
Baixo o proxecto do Enxeñeiro Celedonio de Uribe, emprazouse nunha das puntas máis saíntes das Illas de Arousa para que fose visible desde o maior número posible de portos da ría e desde a entrada da mesma; era un faro de 4º orde cunha óptica Lepaute, exactamente igual ca parte fixa que tiña o faro da Illa de Sálvora. A lanterna, do mesmo fabricante, era hexagonal e xunto co aparato custou 8.073.50 pts. Tiña o plan focal a 6 mts. de altura sobre o terreo e a 13 sobre o nivel medio do mar. O seu alcance calculouse en 7,1 millas. O edificio, de forma rectangular, albergaba dúas habitacións, unha para cada torreiro, con cociña común. O resto da superficie cuberta estaba ocupada por un almacén-obradoiro e un corredor de distribución. A torre troncopiramidal, de sección octogonal, está empotrada ata a metade nunha das fachadas; no alto, o balconciño e o torreón, tamén octogonal, rematado pola lanterna. As obras comezaron no mes de abril de 1852 e termináronse en outubro do mesmo ano, prendéndose por primeira vez, o 19 de outubro de 1853. A súa construcción custou 32.531 reais. Estaba atendido por dous torreiros e contaba cunha lámpada de émbolo usando aceite como combustible. Anos máis tarde foi reemplazada por unha Maris de petróleo. En 1904 ordénase colocar un mecheiro de iluminado permanente, acoplándolle un sistema de pantalla para darlle as características dos grupos de dúas ocultacións de luz branca e conseguir a súa automatización. Adquirindo o aparato a casa B.B.T., os traballos termináronse o 10 de novembro de 1917, data na que se acendería coa nova instalación, aínda continúa coa antiga lámpada Maris. Sete anos máis tarde, o día 22 de abril, entrou en servicio un destellador AGA que dou catro destelos cada 8 segundos, cun alcance de 13,5 millas en tempo ordinario. Esta reforma orixinou a supresión do persoal. Posteriormente, de acordo co Plan de Sinais Marítimas 1985/89, de eléctrica ca rede industrial, alimentador-cargador e batería de reserva, ó tempo que se lle instala unha óptica acrílica de 305 mm., situación na que permanece na actualidade.


© 2003 Autoridade Portuaria de Vilagarcía Dirección:Acceso ó Peirao de Pasaxeiros, 5
36600 Vilagarcía de Arousa
Pontevedra
Teléfono:+34 986 565 129
Fax:+34 986 507 923
E-Mail:sac@portovilagarcia.com