|
|
 |
|
 |
 |
 |
 |
 |
> Faro de Punta Cabalo |
 |
 |
 |
 |
> Faro de Corrubedo |
 |
 |
 |
 |
> Faro de Monte Louro |
 |
 |
 |
 |
> Faro de Punta Ínsua |
 |
 |
 |
 |
> Faro de Rebordiño |
 |
 |
 |
 |
> Faro da Illa de Rúa |
 |
 |
 |
 |
> Faro da Illa de Sálvora |
 |
 |
 |
 |
 |
> Faro de
Corrubedo |
 |
|
Este faro foi considerado un dos máis importantes da zona pola perigosidade do cabo no que está situado e os numerosos baixos que o rodean, algúns dos cales esténdense a considerable distancia da costa.
A configuración do cabo de Corrubedo é plana e está pouco elevado sobre o mar, forma parte da península do Barbanza e marca, polo sur, a entrada da ría de Muros-Noia.
O faro construíuse sobre a punta máis saínte e elevada, nun lugar desde o que se ven claramente as luces dos faros de Finisterre e das Illas Cíes. Os traballos comezaron en maio de 1852 por un importe de 99.413 pts. rematándose nun ano. Sen embargo, o seu acendido non se produciu ata o 20 de Febreiro do 1854.
O edificio, proxectado por D. Celedonio de Uribe, é semicircular na fachada ó mar e rectangular á oposta, tal disposición procura reducir o efecto dos temporais. A torre, troncocónica, arranca do interior do edificio concéntrica coa fachada semicircular e sostendo o equipo luminoso, no cal, a altura do foco se sitúa a 14 metros sobre o terreo e a 32 sobre o nivel medio do mar.
A óptica, de 500 mm. de distancia focal, foi adquirida á casa Letourneau, que xunto á lanterna foi valorada en 24.669,85 pts. Tiña unha lámpada mecánica atendida por dous fareiros e daba a aparencia de luz fixa branca cun alcance de 15 millas náuticas. Para balizar as restingas que se prolongaban dende Punta do Cabalo, dotóuselle dun sector vermello no cal, a súa intensidade reforzouse en 1882.
A pesar da diferencia de característica co faro de Sálvora, na práctica confundíanse e orixináronse algúns accidentes como o do buque mercante Sarlier, ocorrido na noite do 7 ó 8 de decembro de 1896, no que perderon a vida 280 persoas sen ningún sobrevivente, ou o Palermo, naufragado na noite do 11 ó 12 de decembro de 1910 e que custou a vida ás 24 persoas que nel viaxaban. Isto deu lugar en 1912 a unha reclamación do goberno alemán contestada pola Comisión de Faros como sigue:
"1) Que por Reais Ordes do 15 de xullo de 1904, aprobáronse novas aparencias para os faros de Corrubedo e Sálvora. Estas serían, respectivamente, de grupos de 3 + 1 destelos brancos e grupos de 3 + 2 destelos con aparato de 500 mm. de distancia focal, lámpada de incandescencia de petróleo a presión e 28 ó 30 millas de alcance.
2) Que se instalara no faro de Corrubedo unha potente serea.
3) Que por R.O. de 15 de febreiro de 1906, os baixos de Corrubedo balizáranse con sectores brancos da mesma característica procedentes dos faros de Sálvora e Corrubedo."
Estas reformas termináronse o 24 de xullo de 1921 co cambio da lanterna poligonal por outra cilíndrica de 3 mts. de diámetro con torreón de fundición de ferro e unha nova óptica de 500 mm. de distancia focal montada sobre cubeta de mercurio, que contiña 180 Kg. deste metal, e accionada por máquina de reloxería movida por peso motor. Para marca-los baixos dispúxose un sistema de pantallas oscilantes Otter que producirían un sector branco de 180º coa característica de dous e tres destelos cada 20" e un grupo de só tres destelos da mesma cor e período no resto do círculo para indicar o sector libre de perigo. Toda a instalación adquiriuse á casa francesa B.B.T. por 82.500 pts. ouro e nela inclúense tamén un sistema de incandescencia por petróleo a presión do mesmo provedor para capillos de 85 mm. que, polo seu mal resultado, se substituiría o 26 de abril de 1923 por unha lámpada Chance Brothers. Como elemento de emerxencia contábase cunha lámpada de nivel constante e mecheiro de catro mechas.
En 1934, a petición dos navegantes, cambiase a característica a cor vermello, xa que continuaban as confusións co faro da illa de Sálvora sobre todo en tempo de néboa ou de temporal. O ano seguinte electrificouse dotándoselle dunha lámpada de 1.500W e dous grupos electróxenos de emerxencia, quedando a Chance como reserva.
O primeiro intento de instalación da serea data do ano 1905 coa adquisición dun equipo da casa B.B.T. Para comparar os seus resultados co das Illas Sisargas, fabricada por The Fog Signal Company, en 1909 móntase nun barracón provisional aledaño á Torre de Hércules na Coruña. Anos despois, en 1915, construiríase un edificio a 150 mts. do faro para alberga-las e que tiña tamén vivenda para o fareiro encargado dela . A pesar disto, coa reforma do faro xa non se considerou necesaria e non chegou a instalarse. Finalmente, en xuño de 1970, entrou en servicio unha de vibradores electromagnéticos e grupo motor-convertidor B.B.T. con grupo electróxeno Vendeuvre de reserva.
Un novo edificio, de planta hexagonal e a uns 40 mts do faro, destinado a vivendas dos técnicos, foi terminado en marzo de 1958. O edificio do faro quedaría así para albergar as máquinas e aparatos, quedando o da serea, xa ruinoso, abandonado. Este último, unha vez recuperado, destínase na actualidade a vivenda dun dos técnicos que o atenden.
Incluído no Plan de Sinais Marítimas 1985/89, modernízanse e melloran as súas instalacións adecuándoas ós obxectivos deste.
Proximamente producirase un novo fito na xa larga historia desta sinal marítima coa implantación dun Sistema de Supervisión Remota que permitirá o control das súas instalacións e a vixilancia de seu correcto funcionamento a distancia.
A modo de curiosidade debe mencionarse a existencia dun tramo da escaleira de caracol que da acceso ó equipo de iluminación, no interior da torre, realizado en ferro e que foi elaborado na fundición de Sargadelos precursora da recoñecida fábrica de cerámica. Este faro foi considerado un dos máis importantes da zona pola perigosidade do cabo no que está situado e os numerosos baixos que o rodean, algúns dos cales esténdense a considerable distancia da costa.
|
 |
 |
 |
 |
|