Castellano | English
>> Infraestructuras > Faros e Balizas > Historia dos Faros
> Historia dos Faros > Táboa de Faros e Balizas > Plano de Balizamento
> Características Xerais
> Comunicacións
> Faros e Balizas
> Planos do Porto
> Servicio Ferroviario
> Obras e Proxectos
> Faro de Punta Cabalo
> Faro de Corrubedo
> Faro de Monte Louro
> Faro de Punta Ínsua
> Faro de Rebordiño
> Faro da Illa de Rúa
> Faro da Illa de Sálvora
> Faro de Monte Louro
O proxecto deste faro redactouse en 1860 e saíu a subhasta o 12 de abril do mesmo ano cun orzamento de contrata de 98.168,12 reais. Consiste nun pequeno edificio de planta rectangular de 11 x 10,20 mts., a torre é troncopiramidal de sección hexagonal e cunha altura de 5,30 mts., coroada por un balconciño lixeiramente voado sobre o que descansa o torreón cilíndrico que, a súa vez, soporta a lanterna poligonal de 1,60 mts. de diámetro con cristais planos e montantes verticais. Os traballos finalizáronse en 1861. O seu aparato luminoso, da casa Sautter, con óptica de 375 mm. de diámetro é unha lámpada de émbolo que utilizaba como combustible aceite, posteriormente substituída por unha Maris de petróleo. O custo da lanterna e o aparato ascendeu a 6.197 pts. A súa instalación foi realizada a principios de 1862 por D. Feliciano Mariño. Nota do Instituto de Hidrografía. Ano 1862: " FARO DE MONTE LOURO. RÍA DE MUROS. Está situado na Punta do Queixal do monte Louro, a 82º E da cúspide do mesmo, na embocadura da ría de Muros. Ten as seguintes características: Aparato catadióptrico de 5º orde. Luz fixa branca. Alcance en estado ordinario da atmósfera 10 millas. Latitude 42º 44´10" N. Lonxitude 2º 51´45" O de San Fernando. Elevación do foco luminoso sobre o nivel do mar 27,5 mts., sobre o terreo 8 mts. A torre é hexagonal, dá cor clara do granito do que está construída, e a lanterna octogonal branca; está unida á habitación dos fareiros, á cal é rectangular e pintada de branco con ventás verdes. ACENDIDO O 15 DE XULLO DE 1862." Por aplicación da reforma do Plan de 1902, en 1019 realízase un proxecto de reforma do aparato, acoplándolle un xogo de pantallas xiratorias accionadas por unha máquina de reloxería, conxunto que se adquiriu á empresa Maquinista Valenciana. A característica resultante quedou así en grupos de 4 e 1 ocultacións brancas. Así permaneceu ata o 18 de abril de 1949 no que se substitúen a lámpada Maris por un sistema de acetileno composto por un destelador AGA con válvula solar e queimador de 25 ltr/h. Co tempo se lle cambiou a característica a grupos de 2 + 1 destelos brancos e 12 millas de alcance. Esto significou a supresión do persoal que o atendía, agregándoselle o servicio ó de faro de Rebordiño, onde se situaría a residencia do técnico. Actualmente encontrase electrificado con utilización de enerxía fotovoltaica subministrada por seis módulos de 75 W/p. Reforma esta realizada a principios do ano 1993.


© 2003 Autoridade Portuaria de Vilagarcía Dirección:Acceso ó Peirao de Pasaxeiros, 5
36600 Vilagarcía de Arousa
Pontevedra
Teléfono:+34 986 565 129
Fax:+34 986 507 923
E-Mail:sac@portovilagarcia.com