|
|
 |
|
 |
 |
 |
 |
 |
> Faro de Punta Cabalo |
 |
 |
 |
 |
> Faro de Corrubedo |
 |
 |
 |
 |
> Faro de Monte Louro |
 |
 |
 |
 |
> Faro de Punta Ínsua |
 |
 |
 |
 |
> Faro de Rebordiño |
 |
 |
 |
 |
> Faro da Illa de Rúa |
 |
 |
 |
 |
> Faro da Illa de Sálvora |
 |
 |
 |
 |
 |
> Faro de Punta Ínsua |
 |
|
Situado na punta do seu nome, a súa construcción é relativamente moderna. Foi creado para enlazar os de Corrubedo e Finisterre, axudando así a marcar unha zona moi perigosa para a navegación, abundante en baixos e escollos. Isto obrigou a dividir a súa característica en varios sectores con diferente identificación. Os seus antecedentes remóntanse ó ano 1904 cando, por Real Orde do 2 de xullo, apróbase o Plan Xeneral de Balizamento da Costa Noroeste, que determina a necesidade de construír, na maior brevidade, un faro de 4º orde na Punta Insua.
Un ano despois tomaríase o acordo de que "o novo faro destinado a servir de guía ó navegante na proximidade dos baixos Meixidos, teña unha aparencia de 2 + 2 destellas brancos cunha altura de plano focal de 25 mts. e un alcance non menor de 7 millas".
Realizado en 1911 un estudio máis completo, rectifícase esta característica e decídese que a luz sexa fixa con catro sectores: O que comprenda os baixos Meixidos e o superior, no cuarto cuadrante, de cor branca; o que abarque os demais baixos e o inferior, no segundo cuadrante e parte do terceiro de cor vermella. A luz presentará ocultacións en grupos de dous e un nos sectores contiguos.
O autor do proxecto foi o enxeñeiro D. Salvador López Miño, adxudicándoselle a obra ó contratista D. Silvino Garrido en 55.600 pts. que a terminou o 30 de agosto de 1913.
Para conseguir a aparencia contratouse coa casa Julius Pintch, de Berlín, a adquisición en 35.487,50 pts dun sistema de pantallas Otter accionadas por unha máquina de reloxería, unha lanterna cilíndrica de 2,50 mts. de diámetro con torreón de ferro fundido, recuberto interiormente de caoba, e unha lámpada de incandescencia por vapor de petróleo.
Nun principio sinalóuselle a aparencia de 2 + 2 destelos brancos e, co amaño a isto, fíxoselle o correspondente proxecto de aparato, torreón e lanterna. As propostas presentadas polos constructores foron tan esaxeradas que se resolveu cambiarlle a característica e aproveitar o aparato fixo de terceiro orde, grande modelo, e 500 mm. de distancia focal que se retirara do faro de Punta Grossa, na illa de Ibiza, inútil xa pola construcción do faro de Tagomago.
Con estas premisas inaugúrase o faro, que entrou en servicio por primeira vez o día 25 de outubro do 1921. O edificio, dunha soa planta en forma de U, capaz para dúas vivendas, despacho, sala de motores e taller, con torre troncopiramidal de sección octogonal rematada por un balconciño e torreón cilíndrico que forma parte da mesma lanterna, conservase sen modificacións substanciais ata o día de hoxe.
A única diferencia sobre o previsto foi a lámpada de petróleo que sería do tipo Pintch para capillos de 40 mm. e unha Maris de dúas mechas como reserva. O 6 de novembro de 1935 substituiríase por unha Chance de 55 mm. que permaneceu como principal ata a electrificación do faro o 11 de setembro do 1947, no que foi substituída por unha lámpada eléctrica de 1.500 W. pasando a reserva.
|
 |
 |
 |
 |
|