Castellano | English
>> Infraestructuras > Faros e Balizas > Historia dos Faros
> Historia dos Faros > Táboa de Faros e Balizas > Plano de Balizamento
> Características Xerais
> Comunicacións
> Faros e Balizas
> Planos do Porto
> Servicio Ferroviario
> Obras e Proxectos
> Faro de Punta Cabalo
> Faro de Corrubedo
> Faro de Monte Louro
> Faro de Punta Ínsua
> Faro de Rebordiño
> Faro da Illa de Rúa
> Faro da Illa de Sálvora
> Faro de Rebordiño
É un sinal marítimo situado na punta de Bombé, a pouco máis dun quilómetro de Muros, ó borde da estrada que conduce a Corcubión. A súa construcción non figurou nos proxectos do primeiro Plan de Alumeado das Costas de España e data de principios de século. Un acordo da Comisión de Faros do ano 1902 aprobou a decisión de situar unha luz fixa vermella de 6º orde no cabo Rebordiño para contribuír, xunto co do Monte Louro, a un mellor balizamento da ría e a enseada de Muros. O proxecto correu a cargo do enxeñeiro D. Salvador López Miño sendo adxudicadas as obras ó contratista D. Manuel Fontao que as executou por un custe de 30.683,34 pts. O edificio, de dúas plantas, é de planta en forma de "U" e co eixo paralelo ó da estrada. A torre, de fundición de ferro, con 6,5 mts. de altura, está rematada por un balconciño que comunica coa azotea do edificio e por un torreón cilíndrico sobre o que elevase a lanterna octogonal de cristais planos e montantes verticais. O 1 de setembro de 1909 foi inaugurado coa aparencia de luz vermella fixa e un alcance de 6 millas en tempo ordinario. Tiña un aparato Sautter con lámpada Maris dunha mecha. O 13 de agosto de 1924 unha instalación composta de destelador con queimador de 30 ltr./h. e válvula solar, todo iso da casa AGA, ven a substituir a anterior, dándolle unha aparencia de dous destelos vermellos cada seis segundos cun alcance nominal de 7 millas. Con esta automatización o faro foi residencia do técnico que atendía os sinais de balizamento da ría. Posteriormente, dentro do Plan de Sinais Marítima 1985/89, electrificouse coa instalación dunha lámpada de 250W/220V. e lámpada de reserva de 40W/12V. conservando a antiga óptica. Na actualidade encontrase deshabitado e presta os seus servicio cun destelador electrónico, óptica acrílica de 305 mm. e lámpada halóxena de 75W/12V.


© 2003 Autoridade Portuaria de Vilagarcía Dirección:Acceso ó Peirao de Pasaxeiros, 5
36600 Vilagarcía de Arousa
Pontevedra
Teléfono:+34 986 565 129
Fax:+34 986 507 923
E-Mail:sac@portovilagarcia.com