Castellano | English
>> Infraestructuras > Faros e Balizas > Historia dos Faros
> Historia dos Faros > Táboa de Faros e Balizas > Plano de Balizamento
> Características Xerais
> Comunicacións
> Faros e Balizas
> Planos do Porto
> Servicio Ferroviario
> Obras e Proxectos
> Faro de Punta Cabalo
> Faro de Corrubedo
> Faro de Monte Louro
> Faro de Punta Ínsua
> Faro de Rebordiño
> Faro da Illa de Rúa
> Faro da Illa de Sálvora
> Faro da Illa de Rúa
Construído polo enxeñeiro que proxectou o da Illa de Ons, D. Rafael de la Cerda, é un edificio exactamente igual a aquel: a mesma forma, igual distribución, idéntica torre, cimentación en taúde moi semellante...Trátase dun mesmo proxecto para dous lugares distintos coa única diferencia de que o de Ons desapareceu coa reforma e este, aínda deteriorado, subsiste. Aprobada a súa construcción, sae a subhasta por primeira vez o 25 de novembro do 1864 cun orzamento de contrata de 231.454,64 reais. De 5º orde, tiña luz fixa branca, lanterna e aparato Sautter, que custou 5.910,24 cts., unha lámpada de émbolo alimentada por aceite e estaba atendido por dous torreiros. Acendeuse por primeira vez o 18 de marzo de 1869, quedando o seu plano focal a 14 mts. sobre o terreo e 26 sobre o nivel medio do mar. Na súa historia tivo poucas modificacións que reseñar. A primeira lámpada substitúese, no 1879, por unha Maris de mecha única. Para adaptalo ás novas aparencias, substitúese o aparato e a lanterna pola parte fixa da óptica de 4º orde e a lanterna octogonal de 1,80 mts. que se retiraron da Illa de Sálvora. A primeira dispúxoselle un mecanismo de pantallas para producir grupos de 2 + 1 ocultacións, que foi adquirido a casa B.B.T., e lámpada de dúas mechas, acendéndose con esta instalación o 4 de setembro do 1911. Dous anos máis tarde entraría un novo sistema de incandescencia por vapor de petróleo Chance para capillos de 35 mm. Por Real Orde do 11 de xuño do 1920 dispúxose que a aparencia definitiva pasase a ser de 2 + 1 destelos brancos conservando o sector vermello de 90º para sinalar os baixos de Touzas e Lobeira Chica e ademais perigos cara a Vilagarcía e Santa Eugenia, e que o alumeado fixésese por acetileno. Para isto, o 10 de setembro do 1923, colocóuselle un destelador AGA de chama espida con queimador de 30 l/h. alimentado por dous acumuladores AK-50, co mesmo aparato óptico ó que se lle retirou o baseamento e o xogo de pantallas. Como o alcance obtido non foi o que se esperaba e os cristais empañábanse restando visibilidade, novamente remprázase o sistema por un Dalen que utilizaría o tambor dióptrico de 300 mm. rescatado da baliza de Tenlo Chico, na illa de Tambo da ría de Pontevedra. Visto o bo resultado que daba, suprímese o persoal que o atendía. Unha nova reforma, xa a cargo da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, lévase a cabo a principios de 1993 na que se electrifica por medio de enerxía fotovoltaica e instálaselle unha óptica acrílica de 305 mm. con lámpada haloxena de 50W/12V. Instalación coa que presta servicio na actualidade.


© 2003 Autoridade Portuaria de Vilagarcía Dirección:Acceso ó Peirao de Pasaxeiros, 5
36600 Vilagarcía de Arousa
Pontevedra
Teléfono:+34 986 565 129
Fax:+34 986 507 923
E-Mail:sac@portovilagarcia.com