|
|
 |
|
 |
 |
 |
 |
 |
> Faro de Punta Cabalo |
 |
 |
 |
 |
> Faro de Corrubedo |
 |
 |
 |
 |
> Faro de Monte Louro |
 |
 |
 |
 |
> Faro de Punta Ínsua |
 |
 |
 |
 |
> Faro de Rebordiño |
 |
 |
 |
 |
> Faro da Illa de Rúa |
 |
 |
 |
 |
> Faro da Illa de Sálvora |
 |
 |
 |
 |
 |
> Faro da Illa de Sálvora |
 |
|
Situado na parte mais saínte, ó sur da illa, no lugar coñecido como Punta Besugueiros, fora previsto nos plans de 1847 como unha pequena luz local que se convertería, só seis anos despois, nun faro de 4º orde e luz branca variada por destelos vermellos de dous en dous minutos, que podían verse a 10 millas de distancia.
Proxectado por D. Celedonio de Uribe, non contiña máis que as habitacións imprescindibles para dous fareiros e un almacén. Era un pequeno edificio con planta de hexágono irregular orientado cara o mar ó obxecto de minguar a súa resistencia ó vento, de concepción bastante heterodoxa, pouca habitabilidade e mala distribución. A torre, cilíndrica, elevábase do interior do edificio restándolle parte da xa escasa superficie. Sobre ela o balconciño lixeiramente voado e o torreón hexagonal que soportaba a lanterna e o foco luminoso a 6 mts. sobre o terreo e 25 sobre o nivel medio do mar.
As obras comezaron en maio do 1852 e terminaron en novembro do mesmo ano cun custe de 54.804 reais. A isto se lles sumou a lanterna octogonal de 1,80 mts. de diámetro e o aparato de iluminación, adquiridos ó Sr. Fleury Lepaute en 42.632 reais máis. A parte fixa da óptica estaba formada por unha cúpula de cinco aneis, o tambor lenticular de catro paneis e os tres aneis da parte inferior. Arredor dela, dous dioptrios verticais coreados xiraban sobre unhas rodiñas accionados por unha máquina de reloxería. A lámpada, de aceite, do mesmo fabricante, era das chamadas de émbolo e consistente nun sinxelo mecanismo que facías subir o combustible ata o mecheiro, de dúas mechas concéntricas.
En 1880 mandouse destacar desde o faro un feixe de luz vermella sobre os baixos de Corrubedo que se comprende un ángulo de 25º polo oeste a partir da enfilación do cabo. Tres anos máis tarde dotabasella dunha lámpada de petróleo Maris.
Ó igual que o da illa de Ons e tantos outros, a reforma do Plan de Alumado significou a súa supresión. Para substituirlle construiríase anos despois o faro actual. Un acordo da Comisión de Faros do día 25 de maio de 1904 establecía que "se constrúa un novo faro nun punto máis elevado, elixido de modo que, sen reducir o seu ángulo de iluminación en dirección ó de Corrubedo, amplíase canto sexa posible cara o interior da ría, ó menos ata comprender o baixo dos Mexos. O aparato será de 4º orde con grupos de 3 + 1 destelos brancos salvo na zona de Corrubedo". Cinco anos máis tarde rectificase a súa importancia ó establecerse que o aparato a instalar "será de terceira orde, gran modelo".
Atendendo a isto é redactado o proxecto polo enxeñeiro D. Ramón Martínez Campos cunha arquitectura similar á do faro de Cabo Silleiro. O 5 de decembro de 1921 inaugúrase o novo faro con torre octogonal cunha franxa vermella e edificio de mampostería. O contratista da obra foi D. José Gonzáles Teijeiro por un importe de 106.630 cts. As obras comezaron o 8 de abril de 1912 e termináronse, tras numerosas prórrogas e contratempos, en 1917. Nada máis inaugúrarse houbo de procederse á demolición de 959 metros cúbicos de roca correspondentes a dous saíntes que interrompían o feixe luminoso.
A óptica é de 500 mm. de distancia focal con xiro sobre flotador de mercurio e accionada por máquina de reloxería con peso motor. A súa aparencia é de 1 + 3 destelos brancos cada 20" marcando un sector libre do 217º ó 126º e outro perigoso, do 126º ó 160º, que diferenciase do anterior pola supresión dun destelo por medio dun sistema de pantallas oscilantes Otter . O equipamento de iluminación, incluída a lanterna e outros accesorios, foron adquiridos á casa alemana Pintch por un importe de 76.543,75 cts. ouro.
Inicialmente a instalación luminosa é de incandescencia por petróleo a presión da mencionada casa Pintch. Esta necesitaba para un funcionamento correcto un combustible de gran pureza, máis caro e difícil de conseguir que o normal. Por isto, un ano despois, substituiríase por outra da casa Chance Brothers para capillo de 85 mm.
O 15 de novembro do 1925 refórzase esta sinal marítima coa instalación dun radiofaro de chispa Telefunken identificado polas letras S-O-O emitidas durante 30" e seguidas de 270" de silencio. Esta característica dá lugar a unha reclamación da Oficina Internacional da Unión Telegráfica de Berna xa que algúns buques confundírona coa sinal de socorro S O S. Para evitalo, o 1 de xaneiro de 1934, o seu código é substituído polas letras R A.
En 1951 redactase un proxecto de ampliación do edificio para albergar os equipos e un novo radiofaro. Pouco despois é publicado o Plan de Instalación de Radiofaros, no que non se incluiría o da illa, razón pola que se reduce a reforma. Na fachada Este colocáronse os grupos electróxenos, baterías e almacén mentres que na Oeste se emprazaron un taller e outra vivenda. Como complemento realizouse, así mesmo, un cerre de balaustrada en sillería de granito. Estas obras termináronse o día 15 de febreiro de 1954.
Na actualidade este faro está electrificado con utilización de enerxía fotovoltaica. Proximamente quedará incluído no Sistema de Supervisión Remota de Sinais Marítimas a implantar pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía.
|
 |
 |
 |
 |
|