Castellano | English
>> Infraestructuras > Obras e Proxectos
> Características Xerais
> Comunicacións
> Faros e Balizas
> Planos do Porto
> Servicio Ferroviario
> Obras e Proxectos
Obras e Proxectos
> Obras en Curso e Proxectos Futuros
Os proxectos máis importantes que están definidos polo Plano Director e Plano Estratéxico do Porto de Vilagarcía para acometer durante os próximos anos son, por orde de realización, os seguintes:
  • Explanada de servicio ó Peirao Comercial, que permite a obtención de 24.270 metros cadrados de superficie e ten un orzamento de 1,32 millóns de euros. (Obra xa acabada).Obra financiada con fondos F.E.D.E.R.


    Peiraos de Ferrazo, que permite a obtención dunha liña de atraque de 910 metros de lonxitude e unha superficie de 82.000 metros cadrados, cun orzamento de 23 millóns de euros. Obra financiada con fondos F.E.D.E.R.


  • Ampliación do Peirao Comercial Oeste, que permite a obtención dunha liña de atraque de 250 metros de lonxitude e unha superficie de 12.352 metros cadrados, cun orzamento de 3,61 millóns de euros.


  • Enlace férreo completo, con acceso interior a tódolos peiraos do recinto portuario.


  • Estación Marítima no Peirao do Ramal.

  • Dragado da canle de entrada e círculo de maniobra

 

Reordenación de Usos Portuarios

A nova xeometría do Porto de Vilagarcía leva aparellada unha reordenación completa e racional dos seus distintos tráficos, que pasarán a distribuir-se do modo seguinte:

  • A Terminal de graneis líquidos situase no actual Peirao de Ferrazo, con un peirao de 11 metros de profundidade e 250 metros de lonxitude, dotado dunha rampa Ro-Ro no seu extremo Sur.
  • A Terminal de graneis sólidos axeitada sitúase na ampliación do Peirao Comercial, coa profundidade convinte na súa cara Oeste, e aproveita o Peirao do Ramal, cos seus 250 metros de lonxitude para o tráfico de cereais e algún outro granel.
  • A Terminal polivalente de mercadoría xeral situase no novo espigón, con 13 metros de profundidade, 500 metros de lonxitude de atraque e 8,3 Há. de superficie apta para tódolos tráficos, incluídos os contedores.
  • A Terminal de produtos conxelados e perecedoiros situase no Peirao de Comboa, con 400 metros de lonxitude, e entronca coa súa industria frigorífica.
  • A Terminal de Pasaxeiros no Peirao do Ramal, de 250 metros de lonxitude.