Castellano | English
>> O Porto > Benvida do Presidente
> Benvida do Presidente
> Presentación
> Ubicación Xeográfica
> Organigrama
> Historia
> Fotografías
> Porto Deportivo

AO SERVIZO DA ECONOMÍA REAL

Fernando Javier Puertas Castillo

Presidente

Benvidos a bordo. Benvidos ao seu porto. Invítoos a subir á nosa embarcación e navegar pola nosa web, a cal ten como obxectivo poñer en valor o desenvolvemento das políticas de transporte intermodal como ponte á priorización da xestión loxística. O porto de Vilagarcía está posicionado nun lugar estratéxico para facilitar o tráfico de mercadorías onde a mellora do medio, a oferta de servizos, o tráfico ferroviario e as conexións terrestres en xeral se están a desenvolver para abrirnos ás empresas do noso "hinterland". Pero non nos limitaremos á área de influencia. O noso obxectivo é abrirnos ao mundo da empresa e ofrecer unha alternativa de calidade, capacidade, seguridade e futuro ao servizo dos intercambios comerciais e operadores loxísticos.

Cremos na evolución e na constante enerxía que se desprega cando os obxectivos se comparten. Isto é o que cada día experimentan as persoas que conforman a Autoridade Portuaria e que fai delas un equipo de profesionais especializados en promover, asesorar e xestionar instalacións e servizos para todos os tráficos. Persoas nas que o compromiso e a experiencia se direccionan para dar resposta e solución a todas as súas necesidades e requirimentos, pois están ao servizo dos nosos clientes.

Como Presidente desta Comunidade Portuaria quero expresar o noso agradecemento a todas as empresas que comparten a nosa paixón pola evolución, que non se conforman coa pasividade e a transforman en entusiasmo, axudándonos así a modelar o noso sono, a nosa visión da actividade portuaria, como apoio á economía e á sociedade á que servimos. O meu agradecemento a toda a Comunidade Portuaria.

O NOSO PASADO É O NOSO PRESENTE.

O NOSO PRESENTE É O SEU FUTURO.

Feliz travesía.

 

 

© 2003 Autoridade Portuaria de Vilagarcía Dirección:Acceso ó Peirao de Pasaxeiros, 1
36600 Vilagarcía de Arousa
Pontevedra
Teléfono:+34 986 565 129
Fax:+34 986 507 923
E-Mail:sac@portovilagarcia.com