Castellano | English
>> O Porto > Historia > La Expansión de Carril
> Benvida do Presidente
> Presentación
> Ubicación Xeográfica
> Organigrama
> Historia
> Fotografías
> Porto Deportivo

Orixes
> A Expansión de Carril
O Despegue de Vilagarcía
Comisión Admtiva. do Porto
Efectos da Guerra e Postguerra
Incipiente Ordenación
Iberporto e Polo de Desenvolvemento

A Expansión de Carril

A notable expansión do fluxo emigratorio, a construcción do ferrocarril entre Carril e Santiago e o asentamento máis sólido de diversas firmas consignatarias son os tres factores que, ó longo do último tercio do século XIX, impulsan a expansión do Porto de Carril e, máis tarde, motivan o seu relevo polo Porto de Vilagarcía. En canto á diáspora migratoria, hai que sinalar que Galicia exporta unha man de obra, a miúdo en condicións humillantes. Os países sudamericanos realizan unha publicidade espantosa, con ofertas que resultan inevitablemente tentadoras para unha poboación que pasa fame, e que non dubida en embarcarse á procura dunha vida mellor. O proxecto do ferrocarril entre Santiago e Carril foi redactado polo enxeñeiro inglés Thomas Rumball, afincado en Lisboa, e a súa aprobación definitiva produciuse en 1860. A inauguración oficial da liña férrea tivo lugar en Santiago o día 15 de Setembro de 1873, “...con repenique de campás e vintecinco bombas, edificios públicos iluminados e un globo de colosais dimensións elevouse no ceo compostelán”. E as compañías marítimas asentadas en Carril xeran o nacemento dunha burguesía identificada co desenvolvemento local. Durante a segunda metade do século XIX aparecen os nomes de Salvador Buhigas e Prat e Santiago Serra, representantes da Pacific Steam Navigation e a Compaña Vasco-Andaluza, respectivamente, así como Ricardo Urioste, representante da Mala Real Inglesa e Ricardo Caamaño, representante da Navegación a Vapor.

> Apoio Fotográfico



© 2003 Autoridade Portuaria de Vilagarcía Dirección:Acceso ó Peirao de Pasaxeiros, 5
36600 Vilagarcía de Arousa
Pontevedra
Teléfono:+34 986 565 129
Fax:+34 986 507 923
E-Mail:sac@portovilagarcia.com