![]() |
||
| Castellano | English |
![]() |
||
|
|
> Comisión Admtiva. do Porto |
Comisión Administrativa do Puerto A instancia da Cámara de Comercio, que entón preside Elpidio Villaverde, e co apoio das principais firmas comerciais --Fillos de Simón Bourruel, Asociación Patronal de Mineiros Asturianos, Gerardo Serapio, Enrique Caamaño, Compañía Transmediterránea, Compañía Xeral de Carbóns, etc-- lógrase a creación da Comisión Administrativa do Porto de Vilagarcía no ano 1924, coa finalidade esencial de mellorar a capacidade de xestión do propio porto; un obxectivo este que cumpre con eficacia desde a súa posta en marcha. A aprobación ese mesmo ano do Proxecto de Obras de Mellora do Porto de Vilagarcía” é o seu primeiro acordo importante. Este proxecto redactado polo enxeñeiro-director Carlos G. Espresati inclúe un peirao comercial de 340 metros de lonxitude, 80 metros de anchura e un calado de 7 metros, que parte das rochas situadas fronte a Comboa e busca o seu outro extremo ó baixo do Diate. Igualmente, o proxecto abrangue un peirao de enlace e outro peirao de ribeira, que parte da rampla do Castro e vai morrer na rampla de Suárez, deixando un grande aberto fronte á Alameda. O orzamento global ascende a 5.222.712,98 pesetas. As actuacións comprendidas no devandito proxecto requiren unha longa tramitación, de forma que a súa aprobación definitiva non se produce ata 1931 e a súa posterior execución non comeza ata 1934. Outro tanto acontece despois co seu remate, previsto inicialmente para 1940; pero dificultades técnicas e económicas demoran a súa conclusión definitiva ata 1946. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||
| © 2003 Autoridade Portuaria de Vilagarcía | Dirección: 36600 Vilagarcía de Arousa Pontevedra |
Teléfono: Fax: E-Mail: |