Castellano | English
>> O Porto > Historia
> Presentación
> Ubicación Xeográfica
> Organigrama
> Historia
> Fotografías
> Porto Deportivo

> Orixes
A Expansión de Carril
O Despegue de Vilagarcía
Comisión Admtiva. do Porto
Os Efectos da Guerra e Postguerra
Incipiente Ordenación
Iberporto e Polo de Desenvolvemento

Orixes

Historicamente, a orixe do Porto de Vilagarcía hai que buscalo en Carril, onde na primeira metade do século XIX comezan a desenvolver as súas actividades comerciais as primeiras consignatarias locais. O diccionario Madoz (1845) recolle ó respecto unha precisa información sobre o Porto de Carril en todos estes anos. A construcción e o acabado dos peiraos de atraque e espigón de Carril, que aínda conservan hoxe a súa fermosura orixinal, datan de mediados do século XIX. O proxecto foi redactado no ano 1857 e o remate da obra tivo lugar en 1866. Arredor do Porto xira toda a actividade de Carril nesta época, tanto no ámbito social como a vertente económica, mantendo esta vila unha estreita e proveitosa relación con Santiago de Compostela. Entón, o Porto de Carril é punto de arribada periódica de liñas nacionais con mercadoría xeral, e buques internacionais con madeira e gando. Igualmente é punto de chegada do tráfico marítimo entre portos galegos con carga xeral. E tamén é punto de entrada de carbón con destino ó ferrocarril e á fábrica de fundición da vila. Precisamente nos talleres Alemparte construíuse o primeiro barco galego a vapor con casco de ferro.

> Apoio Fotográfico



© 2003 Autoridade Portuaria de Vilagarcía Dirección:Acceso ó Peirao de Pasaxeiros, 5
36600 Vilagarcía de Arousa
Pontevedra
Teléfono:+34 986 565 129
Fax:+34 986 507 923
E-Mail:sac@portovilagarcia.com