 |
O barco "Vilagarcía", que patrocina a Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, acaba de proclamarse Campión do Mundo da clase Platú 25. A competición tivo lugar a pasada semana, en augas italianas de Punta Á.
O presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, Javier Puertas, recibiu aos campións á súa chegada a Vilagarcía, nun acto de benvida que se converteu en toda unha festa, e que contou ademais coa presenza de amigos e familiares da tripulación.
Un total de 92 embarcacións de 13 países participaron no mundial da clase Platú 25, que se disputou durante o primeiro fin de semana de outubro en Punta Á (Italia). As mellores tripulacións do mundo desta clase déronse cita na competición, considerada como unha das disputadas, á vez que espectaculares, de cantas se celebran en toda a tempada.
A embarcación patrocinada pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía foi a máis regular de todas as participantes, e iso permitiulle obter a vitoria final. Este é o último dunha gran serie de éxitos obtidos pola tripulación vilagarciá, integrada polos irmáns Carlos e Antón Paz (Patrón e Táctico respectivamente); por Esteban Gañete (Trimmer); Joaquín Cores (Piano); e Bernardo Paz (Proa); e como suplente: Juan Debén.
O ouro no Mundial 2009 da clase Platú 25 vén sumarse a tres Campionatos de España, unha cuarta praza no Mundial de Vigo de 2006 e unha terceira praza en Neustadt (Alemaña) 2007. |
|