 |
O Presidente da Autoridade Portuaria, Javier Puertas, tal e como anunciou no seu día, celebrou o día 10 de 9 de outubro un Consello de Administración Extraordinario para informar sobre todos os trámites realizados e a situación da concesión da Terminal de Colectores de Vilagarcía (TERCOVI) á que se lle requiriu notarialmente o pasado día 25 de setembro, outorgándolles un prazo de cinco días -ampliado a outros cinco-, para que acreditasen o cumprimento das Obrigacións establecidas nos Pregos de Condicións que rexen a Concesión de Dominio Público que ten outorgada neste Porto.
Entre outras obrigacións, requiriuse o cumprimento de: o establecemento da Fianza de Explotación; o documento acreditativo do pago da Póliza de Responsabilidade Civil; a propiedade e o estado de funcionamento da maquinaria que figura no Prego; os medios de Coordinación adoptados polo centro de traballo de acordo coa Lei de Prevención de Riscos Laborais; o Plan de Continxencias por Contaminación Accidental; ou, o Plan de Urxencia e Seguridade.
Transcorrido devandito prazo, e sempre en coordinación cos Servizos Xurídicos do Porto, púidose comprobar o incumprimento do requirimento realizado pola Autoridade Portuaria.
O Presidente da Autoridade Portuaria, Javier Puertas, informou xa que logo ao Consello que, por causa dos incumprimentos do prego concesional antes sinalados, e tendo en conta que a Autoridade Portuaria, como servizo público, orienta a súa xestión a promover, entre outros fins, a explotación de instalacións portuarias e a prestación de servizos, garantindo o interese xeral e a libre e leal competencia, resólvese iniciar o expediente de caducidade da concesión, concedendo un prazo de dez días para que formule as alegacións que considere oportunas.
Esta importante decisión ten un único obxectivo: salvagardar o bo funcionamento do Porto e desta importante infraestrutura que non só dá traballo directo a traballadores no Porto, senón que resulta un elemento esencial para o desenvolvemento da nosa economía e para a xeración de emprego e riqueza nas empresas que utilizan o Porto de Vilagarcía e os contedores como peza crave para a comercialización dos seus produtos.
Por outra banda, o Consello foi informado tamén do inicio do expediente para a Revogación da Autorización outorgada a Contenemar Galicia S.A. para a realización dos servizos de consignatario. |
|